En Paco & Lola sabemos que a alma deste viño non está só na súa etiqueta, senón nas mans que o crean.
Únenos o respecto por unha cultura milenaria e polas mentes innovadoras que se atreven a reinterpretala.
E sobre todo, únenos a paixón polo viño.
A paixón de máis de 400 familias que fan que cada botella sexa recoñecida en todo o mundo.
En Paco & Lola sabemos que a alma deste viño non está só na súa etiqueta, senón nas mans que o crean.
PERSOAS SOCIAS
En Paco & Lola celebramos o noso 20 aniversario cunha campaña moi especial na que queremos amosar todo o que hai detrás dos nosos icónicos lunares. Dende o 2005, traballamos con paixón na comarca do Salnés, unha terra cunha gran tradición viticultora, elaborando viños que conquistaron os padais de medio mundo grazas á súa calidade e ao coidado que poñemos en cada detalle.
A nosa historia tamén é a dunha aposta valente polo deseño e pola innovación. O patrón de lunares brancos sobre fondo negro converteuse na nosa sinatura e nun símbolo de identidade que nos fixo recoñecibles en calquera lugar. Ese espírito atrevido e moderno acompañounos ao longo destes vinte anos e seguen definindo quen somos.
Agora queremos mirar cara dentro e poñer en valor o que realmente nos fai especiais: as máis de 400 familias que forman parte de Paco & Lola, a nosa terra e a forza das Rías Baixas. Porque detrás de cada botella hai historia, compromiso e unha forma de entender o viño que nace da nosa xente e da nosa orixe.